Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 94/35-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Concello de Moaña.

Enderezo social: 36950 Moaña.

Denominación: L.M.T. e C.T. estación Bombeo- Ameixoada.

Situación: Moaña.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea de 800 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Ameixoada propiedade de Unión Fenosa ata o C.T. que se proxecta na estación Bombeo auga potable, en Ameixoada, concello de Moaña. C.T. de 125 kVA, relación de transformación 20 kV-230/398 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 20 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9327