Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.154

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, do tribunal V-1A, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 12 (peón//laborante//varredor/a//mozo/a servicios//mozo/a laboratorio//mozo/a//pastor/a//xardineiro/a//mozo/a transportes//peón xardineiro/a// EFU//mozo/a mantemento//mozo/a subalterno//peón agrario/a) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

En sesión celebrada o día 9 de decembro de 1997 polo tribunal V-1A, designado para xulga-las probas

selectivas para o acceso á categoría 12 (peón// laborante// varredor, etc.) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12-12), acordouse:

1º.-Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 12 (peón, laborante, varredor/a, mozo/a de servicios, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno, peón agrario) do grupo V terá lugar o día 22 de decembro de 1997 ás 12.30 horas no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia sito en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 11.30 horas.

2º.-Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1997.

José Antonio Martínez Carro

Presidente do tribunal

9369