Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.154

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1997, do tribunal II-1A, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 6 (educadores) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

En sesión celebrada o día 4 de decembro de 1997 polo tribunal II-1A designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 6 (educadores) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, 12-12-1996), acordouse:

1º Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 6 (educadores) do grupo II terá lugar o día 22 de decembro de 1997, ás 18 horas, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia sito en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17 horas.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1997.

Juan José Álvarez Pérez

Presidente do tribunal

9983