Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.100

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (166/1997-L).

Eu, Juan Fco. Riobó Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión, fago saber que neste xulgado se seguen autos de declaración de falecemento co nº 166/1997, por instancia de Mª Ángeles Pérez Sar sobre declaración de falecemento do seu irmán Abel Pérez Sar, fillo do matrimonio formado polos esposos

Hipólito Pérez Barrientos (falecido) e María do Carmen Sar Vilela, nacido en Muxía (A Coruña) o día un de xuño de mil novecentos setenta e tres, desapareceu en naufraxio na compañía do seu pai, e ó non se ter noticias del desde o ano 1992, é de presumi-lo seu falecemento.

E para a súa publicación no BOE e no DOG e para público coñecemento, expido e asino o presente edicto en Corcubión o trinta de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Juan F. Riobó Fernández

Secretario

9479