Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.101

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (66/1997-J).

En virtude do acordado por Fidel del Río Pardo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, en resolución do día da data, dictada no xuízo de faltas número 66/1997, que se segue perante este xulgado sobre falta contra a orde pública, cítase o denunciado, Eugenio Carnota Lorenzo, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que para que compareza perante este xulgado o vindeiro día 9 de xaneiro, ás 12 horas, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba dos que tente valerse, facéndolle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952, pode ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto en Noia o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

9274