Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.100

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (33/1994).

En virtude do acordado por resolución desta data, dictada polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, nos autos arriba expresados, seguidos por instancia de Ramona Eulogia Otero Amigo, contra Bernardo Cambre España, cítase a persoa que máis abaixo se expresa, para que o día 21 de xaneiro de 1998, ás 10.30 horas, compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, co obxecto de asistir á celebración do oportuno xuízo verbal, coa prevención de que seguirá o xuízo na súa rebeldía se non comparecese.

Persoa que se cita: Bernardo Cambre España en ignorado paradoiro.

E para que lle sirva de citación en forma á persoa sinalada anteriormente e para a súa inserción no DOG, expido o presente edicto en Carballo o dezasete de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9383