Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 973 Modif. A.T.).

Instalación: modificación da L.A.T. a 220 kV subestación S. Pedro-subestación Sto. Estevo, concello de Nogueira de Ramuín (Ourense).

Entidade beneficiaria: Iberdrola, S.A.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria, do 24 de outubro de 1997, foi autorizada e declarada de utilidade pública a instalación da liña eléctrica citada no encabezamento, isto coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa (en diante LEF), do 16 de decembro de 1954.

Xa que logo, fáiselles saber ós titulares dos predios que contén a relación que se publicou no DOG con data do 27 de novembro de 1996, que se expón actualizada no taboleiro de edictos da Casa do Concello de Nogueira de Ramuín, ós que se lles practicará notificación particularizada que, de confor

midade co disposto no citado artigo 52 da LEF, o representante da Administración, acompañado dun perito, se presentará nos predios o día 29 de decembro, a partir das 12 horas, para a toma de datos e o levantamento, a continuación na sinalada Casa do Concello, das actas previas á ocupación; naquelas describiranse os bens obxecto de imposición de servidumes e faranse consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados. Os interesados poderanse facer acompañar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta.

Segundo establece o artigo 56 do Regulamento da LEF, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, ata o mesmo momento do levantamento de actas previas, os interesados poderán formular alegacións perante este organismo expropiante para os sós efectos de emenda-los posibles erros que se padecesen ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 2 de decembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9945