Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se notifica a resolución desta consellería de revogación de axuda concedida no expediente C-11-866/95.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á empresa que se menciona no anexo a resolución desta Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, con data do 10 de outubro de 1997, pola que se revoga a axuda concedida no expediente C-11-866/95, por incumprimento das condicións establecidas na resolución de concesión, con data do 29 de decembro de 1995.

Contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó desta publicación, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956 (BOE nº 363, do 28 de decembro).

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1997.

Victor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria

e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: C-11-866/95.

Empresa: Helados Pico Frío, S.A.

Último enderezo coñecido: Airoa s/n-A Baña 15863 (A Coruña).

Lexislación aplicable: artículo 9.1.b) da Orde de 8 de setembro de 1995 (DOG nº 186, do 27 de setembro).

9544