Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.035

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997 pola que se inscribe a Asociación Amigos del Camino de Santiago Monte del Sueve, Colunga no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Amigos del Camino de Santiago Monte del Sueve, Colunga, con data do 29 de outubro de 1997.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Amigos del Camino de Santiago Monte Sueve, Colunga, quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 077.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

9512