Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.035

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se lle autoriza a impartición de programas de garantía social durante o curso 1997/1998 ó centro público de educación especial Saladino Cortizo de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente que presenta o centro de educación especial Saladino Cortizo de Vigo ó abeiro de Resolución do 30 de maio de 1997 (DOG do 26 de xuño), da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se regula o desenvolvemento de programas de garantía social en centros públicos para o curso 1997-1998.

Tendo en conta a Orde do 5 de maio de 1997 (DOG do 29 de maio), pola que se regulan os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizarlle, para o curso escolar 1997/1998, ó centro de educación especial Saladino Cortizo de Vigo, a impartición dos seguintes programas de garantía social:

Modalidade: programas de formación educativa e profesional.

Denominacións:

-Introducción á carpintería da familia profesional de madeira e moble.

-Introducción á xardinería e cultivos en alcouve da familia profesional de actividades agrarias.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1997.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e de Formación Profesional

9513