Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.033

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de decembro de 1997 pola que se clasifica como de interese docente a Fundación Universidad de A Coruña.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Universidad de A Coruña, con domicilio na Coruña.

Supostos de feito.

1. José Luis Álvarez Naveiro, na súa calidade de secretario da fundación, en escrito de trinta de xullo de 1997, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o día vintecatro de marzo de 1997, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña Pablo Valencia Ces, co número oitocentos noventa e tres do seu protocolo por José Luis Meilán Gil, Francisco Vázquez Vázquez, Juan Blanco Rouco, Augusto César Lendoiro, José Luis Méndez López, Juan Ignacio Montalvo Delgado, Luis Fernández

Somoza, Luciano Calvo Pumpido, Roberto Tojeiro Díaz, José Luis Colado de la Cruz, Antonio Abril Abadín, Epifanio Campo Fernández, Ángel Cortina Aedo, José Manuel Pose Mesura, Juan Jesús Fernández Cainzos, Manuel José Recuero Astray, José María Pujalte Giménez, José Luis Rabuñal Patiño e José Luis Álvarez Naveiro, interveñen José Luis Meilán Gil en representación da Universidade da Coruña e como rector desta, Francisco Vázquez Vázquez, en representación do Concello da Coruña e como alcalde presidente, Juan Blanco Rouco, en representación do Concello de Ferrol e como alcalde presidente, Augusto César Lendoiro, en representación da Deputación da Coruña e como presidente desta, José Luis Méndez López, en representación da Caixa de Aforros de Galicia e como director xeral desta, Juan Ignacio Montalvo Delgado, en representación de Metalúrgica Galaica, S.A. e como o seu apoderado, Luis Fernández Somoza, en nome e representación da Sociedad Promotora Industrial e Comercial Subel, S.A., e

como administrador único desta, Luciano Calvo Pumpido, en representación da Sociedad Luis Calvo Sanz, S.A., e como conselleiro delegado desta, Roberto Tojeiro Díaz, en nome e representación da Sociedade Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A., e como conselleiro delegado desta, José Luis Colado de la Cruz, en nome e representación da compañía mercantil Urbanizadora Inmobiliaria Fadese, S.A., e como apoderado desta, Antonio Abril Abadín, en nome e representación da Sociedade Industria de Diseño Textil, S.A., como apoderado desta, Epifanio Campo Fernández, en nome e representación da Sociedade Epifanio Campo, S.A., e como administrador único desta, Ángel Cortina Aedo, en nome e representación de Banco Gallego, S.A., e como apoderado da dita entidade e José Manuel Pose Mesura, Juan Jesús Fernández Cainzos, Manuel José Recuero Astray, José María Pujalte Giménez, José Luis Rabuñal Patiño e José Luis Álvarez Naveiro fano no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo nove dos seus estatutos, o obxecto e finalidade da fundación é, entre outros, promove-la investigación científica, humanística e técnica, en colaboración coa Universidade da Coruña e demais institucións públicas e privadas, mediante axudas tanto ó estamento docente, para a súa formación, promoción e posta o día, como ó alumnado, estimulando o estudio, a adecuada preparación para o exercicio de actividades profesionais, e unha formación humana integral de tódolos que forma parte da comunidade universitaria.

4. O padroado da fundación estará constituído por José Luis Méndez López como presidente, José Luis Álvarez Naveiro como secretario e José Luis Meilán Gil, Francisco Vázquez Vázquez, Augusto César Lendoiro, Juan Blanco Rouco, José Luis Calvo Pumpido, Roberto Tojeiro Díaz, José Luis Losada Rodríguez, Enrique Freire Arteta, Antonio Abril Abadín, Luis Fernández Somoza, José Luis Colado de la Cruz, Epifanio Campo Fernández, José Manuel Liaño Florez, José Manuel Pose Mesura, José Antonio Quiroga

Piñeiro, José Luis Rabuñal Patiño, José María Pujalte Giménez, Juan Jesús Fernández Cainzos, Dolores Esther Fernández Fernández, Manuel José Recuero Astray, Manuel Casteleiro Maldonado, José Eduardo López Pereira.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese docente da Fundación Universidad de A Coruña, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1 e 2 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese docente e a súa adscrición á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día un de decembro de 1997.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, de 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese docente a Fundación Universidad de A Coruña e adscribila á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9515