Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.035

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997 pola que se inscribe a Asociación Peregrinos del Señor Santiago de Galicia no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Peregrinos del Señor Santiago de Galicia, con data do 30 de setembro de 1997.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Peregrinos del Señor Santiago de Galicia, quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 078.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

9514