Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 6 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución de expediente sancionador 15-77/97, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente 15-77/97, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir desta notificación.

A Coruña, 6 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15-77/97.

Denunciante: Cristina Díaz Sánchez.

Domicilio: Travesía de Pastoriza, 8, Pastoriza, Arteixo (A Coruña).

9317