Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 10 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo de resolución do expediente sancionador 36/16/97, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracios públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27/11/1992) notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente sancionador nº 36/16/97, por infraccion en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir desta notificación; se non fose recorrida no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relacións con organismos (0388).

Expediente: 36/16/97.

Inculpada: Comercial Marisquera Internacional, S.A.

Enderezo: r/ Juan F. Fontán, 9-2º B. Vilagarcía de Arousa.

Motivos: publicidade enganosa e irregularidades no etiquetado.

Sanción: 100.000 ptas.

Data de resolución: 10-11-1997.

Pontevedra, 10 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo

9762