Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-120/97 e tres máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 5 de novembro de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-120/97Manuel Castro Suárez

Irida nº 39-4º

A Estrada

Pescar con cebo non autorizado (miñoca) en río salmoneiros, sendo sorprendido coa cana na man e o cebo dentro da auga. Feitos que tiveron lugar o día 1 de maio de 1997 no río DezaArt. 33.9 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.Art. 33 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.20.000 ptas.

Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-153/97Marcos Caetano Portela

Canicouba, 68

Pontevedra

Pescar sendo titular dunha licencia de pesca sen levala consigo, capturando 3 muxes de lonxitude inferior á autorizada (14,4-15 e 17 cms) cando o mínimo permitido é de 20 cm. Feitos que tiveron lugar o día 16 de maio de 1997 no río UlloArt. 33.1.9 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.Art. 33 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.7.000 ptas.
P-154/97Telmo Caetano Portela

Canicouba, 68

Pontevedra

Pescar sendo titular dunha licencia de pesca pero sen levala consigo. Feitos que tiveron lugar o día 16 de maio de 1997, no río UlloArt. 33.1 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.Art. 33 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.2.000 ptas.
P-186/97Telmo Caetano Portela

Canicouba, 68

Pontevedra

Pescar sen a correspondente licencia de pesca. Feitos denunciados o día 28 de maio de 1997 no río Ullo.Art. 34.1 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.Art. 34 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.50.001 ptas.

e Inhab.

para obte-la

Lic. de pesca

1 ano

9357