Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/70-2, 4753 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrava e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: r/ Ciudad de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: ampliación da subestación de Magazos-Viveiro (2º fase).

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: amplicación da subestación eléctrica 130/20 kV, de Magazos-Viveiro (2º fase). Proxéctase instalar dous módulos de liña a 130 kV de 30 e 24 MVA, repectivamente, estando alimen

tada actualmente por unha única liña que a une coa subestación de Mondoñedo, para a mellora do servicio eléctrico na zona.

Cumpridos os trámites nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 25 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9356