Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/45-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sendia.

Situación: Porto do Son.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 34 m de lonxitude, na LA-56 que parte do apoio nº 35 da L.M.T. Boiro-Porto do Son e final no C.T. que se vai construír de 50 kVA no lugar de Sendia e rede de baixa tensión de 290 m en conductor R.Z. Concello de Porto do Son.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 11 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9828