Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de novembro de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/LU/91.2 e sete máis.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 234, do mércores, 3 de decembro de 1997, cómpre efectuala oportuna corrección:

Na páxina 11.679, na clave: N/AC/91.35, onde di: «Orzamento: oito millóns setecentas setenta e seis mil cincocentas oitenta e tres pesetas (8.766.583).», debe dicir: «Orzamento: oito millóns setecentas sesenta e seis mil cincocentas oitenta e tres pesetas (8.766.583).».

Na mesma páxina, onde di: «Clave: N/OU/85.2.1.4», debe dicir: «Clave: N/LU/85.2.1.4.».

9473