Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 12 de novembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 11 de novembro de 1993.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de alzada número 1165/94 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 11 de novembro de 1993, pola que no expediente C-2-CD/70, C-11, se acordou proceder á toma da sucesión hereditaria a favor de Mª Obdulia Gabín Muñiz e herdeiros de Carlos Rodríguez Anello, da vivenda situada no polígono de Elviña, 2ª fase, bloque 8, portal 3, piso 4º esquerda, contra 293, grupo C-11 na Coruña; da que a súa parte dispositiva di:

Declarar inadmisible o recurso de alzada número V-1165/94 interposto por Carlos Rodríguez Gabín, contra a resolución do delegado provincial do IGVS na Coruña, do 11 de novembro de 1993, pola que no expediente C-2-CD/70, C-11, se acordou proceder á toma da sucesión hereditaria a favor de Mª Obdulia Gabín Muñiz e herdeiros de Carlos Rodríguez Anello, da vivenda situada no polígono de Elviña, 2ª fase, bloque 8, portal 3, piso 4º esquerda, contra 293, grupo C-11 na Coruña.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte o da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición con

forme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1997.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9958