Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se inicia expediente de substitución e modificación de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada, de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse o expediente de substitución e modificación da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1554; XG-095, entre Lugo e A Fonsagrada, e a incorporación do servicio entre Lugo e Acebo pola Fonsagrada, procedente da concesión V-3330, Lugo-Navia de Luarca, con anexo, da titularidade de Her-Vei, S.L.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

9701