Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.951

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se fai pública a lista de aprobados na proba de carácter extraordinaria no curso de especialización de educación musical para mestres convocado na Orde do 3 de novembro de 1995 (DOG do 23 de novembro).

Por Orde do 3 de novembro de 1995 (DOG do 23 de novembro) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocouse un curso de especialización en educación musical para mestres que se desenvolverá en Santiago de Compostela.

Desenvolvida a proba de carácter extraordinaria recollida no punto décimo terceiro da devandita orde de convocatoria, procede facer pública a relación dos mestres que a superaron.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar aptos os mestres que se relacionan no anexo desta orde que superaron satisfactoriamente o citado curso de especialización en educación musical convocado por Orde do 3 de novembro de 1995.

Segundo.-As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederán a expedi-la certificación de habilitación en educación musical, ós mestres funcionarios de carreira que se declaran aptos ó abeiro desta orde.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1997.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e de Formación Profesional

Lista de aprobados na proba extraordinaria do

curso de especialización de educación musical

Apelidos e nomeDNI

Díaz Rodríguez, Ana35.279.832V

Rey Rodríguez, Mª del Rosario34.919.409G

7853