Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.951

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de novembro de 1997 pola que se suprime a escola fogar de San Román de Cervantes (Lugo).

Visto o expediente e o correspondente informe da delegación provincial desta consellería en Lugo.

Considerando que en ámbolos dous documentos se xustifica a supresión da escola fogar de San Román de Cervantes (Lugo), , que xa non está a funcionar no presente curso escolar 1997/1998.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Suprimi-la escola fogar que figura no anexo.

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente orde, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xus

tiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Cervantes.

Localidade: San Román.

Código do centro: 27014835.

Denominación: escola fogar de San Román de Cervantes.

9720