Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.951

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0010110/1997.

Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado pola Sala do Contencioso-Administrativo, sección terceira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 03/0010110/1997, interposto por Rogelio Amieiro López contra o Decreto 308/1997, do 23 de outubro, polo que se declara a necesidade de ocupación urxente do alugueiro afectado polas obras de restauración e reutilización do Convento de San Roque (DOG nº 214, do 5 de novembro de 1997).

O que se notifica para coñecemento xeral de tódalas persoas interesadas no citado expediente, que son emprazadas para que poidan comparecer e presentarse en autos no prazo de 9 días, segundo dispón o artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1997.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

9822