Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución da xunta de compensación da U.A. 03 Chantada (expediente 4029/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 26 de setembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de bases de actuación e estatutos para a constitución da xunta de compensación da unidade de actuación Chantada someténdoo a información pública por un prazo de 20 días a través da correspondente citación persoal a tódolos propietarios incluídos na unidade de actuación e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-Requirir á comisión xestora da xunta de compensación para que realice as precisións que deberán ser cumpridas previamente á aprobación definitiva do expediente, e son as seguintes:

Estatutos:

Artigo 2.2. Deberán incluír que a cesión gratuíta e libre de cargas ó concello tamén alcanza a terreos destinados a sistemas xerais (vía principal).

Artigo 2.3.a. Excluí-los proxectos de edificación.

Artigo 3.2.f Establecer que recurso procedente é o rodinario excluíndo o de alzada.

Artigo 3.2.g. Excluír que o concello deba outorgar escritura pública para a inscrición no Rexistro da Propiedade do proxecto de compensación.

Artigo 4.h. Incluí-los terreos destinado a sistemas xerais.

Artigo 6.3. Diferencia-los supostos ou opcións de solicita-la expropiación ou ocupación directa cinxíndose esta última a que os terreos sexan absolutamente necesarios para executa-las obras de urbanización e aclarar que o pagamento da indemnización no suposto do parágrafo cuarto corresponde á xunta de compensación.

Artigo 7.2. Substituír «dos propietarios» por «dos que son titulares».

Artigo 12.2 Regular expresamente a forma de outorga-la representación.

Artigo 15.2. Engadir «e en todo caso nun prazo máximo de tres meses contados a partir do acordo de aprobación definitiva dos estatutos e bases de actuación».

Artigo 15.4. Reduci-la procentaxe do 30% esixido para a convocatoria da asemblea xeral extraordinaria a proposta de socios, considerando que a porcentaxe debe fixarse como máximo no 10% e aclarar que o concello non convoca senón que ordena ó presidente para que convoque.

Artigo 15.6. Informar que as cotas de participación para aval e constitución da asemblea xeral poden quedar establecidas no 50% da cota total de participación.

Artigo 15.7. e 8. Substituí-la representación de votos a favor do 60% das ditas cotas polo de maioría absoluta de cotas.

Artigo 15.f. Aclara-lo alcance do seu contido.

Artigo 16.3. Establece-la condición de socio excepto no secretario esixíndolle a condición de licenciado en dereito.

Artigo 10.2. Incluír tódolos conceptos previstos no artigo 132 da Lei do solo de Galicia e 59, 60 e 61 do Regulamento de xestión urbanística.

Artigo 24.1.b. Substitui-lo 60% de cotas de participación polo de maioría absoluta de cotas totais da urbanización do polígono.

Vigo, 22 de outubro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

9784