Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto, da subministración de equipos informáticos para a xerencia de urbanismo do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo. Dependencia: Informática, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 10765/240.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: subministración por lotes de equipos informáticos.

Unidades que se van entregar: véxase condicións técnicas.

Lotes:

Lote 1: ordeadores persoais.

Lote 2: impresoras.

Lote 3: equipo cartográfico.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: quince días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base.

Lote 1: 2.800.000 ptas.

Lote 2: 1.000.000 de ptas.

Lote 3: 3.100.000 ptas.

5. Garantías.

Provisionais: non se esixe.

Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información.

Rexistro da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: (986) 81 01 00. Fax: (986) 81 01 92.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das firmas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación que se publicará no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas.

Entidade, domicilio y localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data: o primeiro mércores seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposicións axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 1 de decembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

8655