Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

EDICTO.

Por acordo plenario con data do 29 do pasado mes de setembro, prestouse aprobación ó proxecto das obras de ensanche, pavimentación e rede de subministración no camiño das Sidreiras, neste termo municipal, por importe de 1.245.092 ptas. Na mesma sesión aprobouse o expediente expropiatorio dos terreos que é necesario ocupar para levar a cabo as ditas obras que se tramitarán polo procedemento de taxación conxunta.

De conformidade co disposto nos artigos 218 e seguintes do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo, así como o artigo 54 da lei 1/1997, do 24 de marzo, da Comunidade Autónoma galega, expóñense ó público ámbolos documentos, por espacio dun mes, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

Ribeira, 21 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

9765