Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 45/1997).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada con data do 6 de novembro de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente, por instancia de José Costa Prieto, o proxecto de urbanización da zona 10 A do SU-29 do PXOU de Ourense, logo da constitución de garantía, polo importe de corenta millóns

trecentas mil pesetas (40.300.000 ptas.), para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderanse utilizar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que poidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de novembro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

8350