Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-161).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 17 de xuño de 1997, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado modificación dos estatutos da entidade de conservación da urbanización Pía de Maianca, sita no SUNP A-4, en Maianca (Oleiros). Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel no que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto

sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 17 de novembro de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

9388