Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-248).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 17 de xuño de 1997, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado plan especial de reforma interior (PERI) relativo á U.A. 14, sita no Porto de Santa Cruz-Liáns. Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel no que reciba a presente

notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 29 de outubro de 1997.

Alfredo Novoa Gil

Alcalde en funcións

9408