Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52669).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo en Avda. de Arteixo, 171 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Modificado o proxecto L.M.T. aerosubterránea a 20 kV de 824 m e 103 m de lonxitude en conductor LA-56 e R.H.V. 95 mm Al, que parte da L.M.T.a C.T. Cruxeirras e final no C.T.C. de Póvoa de 160 kVA e acoplamento da R.B.T. Concello de Teo e Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 20 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9104