Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 104/1996).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre

expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avenida de Arteixo, 171, 15009 A Coruña, como entidade beneficiaria, para a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV de 1.023 metros de lonxitude, con orixe na liña de C.T. de Verdía e centro de transformación aéreo no lugar de Vilar de Outeiro, no termo municipal de Santiago de Compostela (expediente 104/1996), que con data 10-3-1996 se declarou de utilidade pública.

En consecuencia, calquera persoa dentro do prazos dos quince días seguintes á presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practicará notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afectan; e formularen mediante escrito ante esta delegación alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 24 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 104/1996Provincia: A Coruña

L.M.T. ó C.T. Vilar de OuteiroTermo municipal: Santiago de Compostela

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

3Su as de CoitasMonte altoMª José Otero IglesiasVerdía de Arriba

15884 Santiago de Compostela

881.320

4Su as de CoitasMonte baixoPedro Benjamín Suárez NoyaEstación de Verdía

15884 Santiago de Compostela

C.T.638570

9101