Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52268).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo en Avda. de Arteixo, 171 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56 de 1180 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o centro de transformación (C.T.) Xibeiros e final no C.T. que se vai instalar na Irexia-Sobrecamiño, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte a rede de baixa trensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1039 m de lonxitude. Municipio de Arzúa.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 20 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9088