Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52223).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo en Avda. de Arteixo, 171 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Modificado o proxecto denominado L.M.T. Campo Buazo, nº 4, consistente en:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110 de 1615 m de lonxitude, con orixe na liña Boimil Santarrandel e final no apoio saída a liña subterránea, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 36 m de lonxitude e final na Central San pedro de Mezonzo. Boimorto.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 20 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9087