Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.920

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (222/1996-2).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 5 de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo, baixo o nº 222/1996-2, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación de Renault Financiaciones, S.A., contra José Barbazán Rodríguez e Mª Esperanza Gesto Gesto, en reclamación de cantidade, e nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da súa valoración pericial, os seguintes bens embargados ós demandados:

1. Urbano, sito no concello de Val do Dubra, parroquia de Vilariño. Casa composta de planta baixa e piso alto que ocupa un soar de 100 m, cun terreo unido, que forma un só circundo de 128 m. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 589, libro 77 de Val do Dubra, folio 64, predio nº 13.349. Prezo de valoración: 6.272.000 pesetas.

2. Rústico, sito no concello de Val do Dubra, parroquia de Vilariño. Terreo inculto de 4 áreas e 19 centiáreas ou 19 cuartillos. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 589, libro 77 de Val do Dubra, folio 65, predio 13.351. Prezo de valoración: 838.000 pesetas.

3. Renault Clio R. L-1, 9 D con cinco portas, matrícula C-7004-BK e co nº de bastidor VF1 B57605126607054. Prezo de valoración: 1.083.000 pesetas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena nº 2, 2º, polígono das Fontiñas o vindeiro 14 de xaneiro, ás once horas, de acordo coas seguintes condicións:

1. O tipo de remate será o sinalado na descrición dos bens que se van poxar, sen se admitiren ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV, nº conta 1592/17/222/96, o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que se o primeiro adxudicatario non cumprise a obrigación, poida aprobarse o remate a prol dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, e os licitadores deberán conformarse con eles, sen poderen esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para a segunda o vindeiro día 12 de febreiro, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira agás o tipo de remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 12 de marzo, tamén ás once horas, e rexerán para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sírvalles esta publicación de notificación ós demandados para o caso de que non puidese efectuarse no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela, tres de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

9590