Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.919

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (223/1997).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de separación 223/1997, se dictou sentencia con data do 27 de outubro de 1997, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de proceso de familia, seguidos neste xulgado baixo o número 223 de 1997, entre partes, dunha, como demandante, Arturo Ogeros Guardado, representado en autos polo procurador García-Piccoli Atanes, asistido do letrado Otero Lourido e doutra, como demandada, María del Carmen Lozano Torres, non comparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre separación conxugal.

Decido:

Con estimación da demanda, declaro que procede a separación matrimonial dos cónxuxes Arturo Ogeros Guardado e María del Carmen Lozano Torres, cos efectos legais inherentes, en especial, a disolución do réxime económico matrimonial.

Non se fai expresa imposición de custas.

Unha vez firme esta resolución, comuníqueselle ó Rexistro Civil correspondente para os efectos previdos na disposición adicional 9 da Lei do 7 de xullo de 1981.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación á demandada María del Carmen Lozano Torres, expido o presente edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela, vintesete de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

97-8607