Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.919

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (302/1996).

Nos autos de executivo outros títulos que se seguen neste xulgado co número 302/1996, se dictou a sentencia que ten un encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Ordes o nove de setembro de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Cristina María Paz Eiroa, xuíza de primeira instancia deste partido, os autos de xuízo executivo seguidos neste xulgado co nº 302/1996, por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro, contra José M. Arnejo Guardado, Antonio Arnejo Fajín, Herminia Guardado Vilacoba, sobre reclamación de cantidade.

Seguen antecedentes de feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo madar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a José María Arnejo Guardado, Herminia Guardado Vilacoba e Antonio Arnejo Fajín, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 2.561.741 pesetas, importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e ademais, ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e ás custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que poderán interpor recurso de apelación contra ela ante a Audiencia Provincial da Coruña nos cinco días seguintes á notificación.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación ós demandados rebeldes José María Arnejo Guardado, Herminia Guardado Vilacoba e Antonio Arnejo Fajín, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Dado en Ordes o vintenove de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O/A secretario/a

Rubricado

8608