Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.920

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (87/1997).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 87/1997, que se segue por lesións en accidente de tráfico, son citados Mª Purificación Abelleira Caamaño e José Mª Luhía Lestón, para que o vindeiro día 18 de decembro, ás 13.15 horas, comparezan ante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistiren á celebración do dito xuízo, en calidade de R.C. subsidiaria e denunciado, respectivamente, baixo apercibimento de que, se non o verifican nin alegan xusta causa para deixaren de o facer, poderán ser multados conforme a lei e recaerán sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito, e poderán, se son parte, ser asistidos por avogado e deberán acudir ó xuízo coas probas das que intenten valerse.

E para que así conste e lles sirva de citación en forma a Mª Purificación Abelleira Caamaño e José Mª Luhía Lestón, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de novembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

9439