Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.917

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1997, do tribunal V-1, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pranchador/a-lavandeiro/a, costureira, cortador/a, pranchador/a, lavandeiro/a) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 3 de decembro de 1997 polo tribunal V-1 designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pranchador/a-lavandeiro/a, costureira, cortador/a, pranchador/a, lavandeiro/a) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro) acordouse:

1º. Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pranchador/a-lavandeiro/a, costureira, cortador/a, pranchador/a, lavandeiro/a) do grupo V terá lugar o día 17 de decembro de 1997, ás 17 horas, no edificio Coliseum da Coruña, sito na avenida de Alfonso Molina s/n (ó lado de Continente).

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comenzará ás 16 horas.

2º. Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 1997.

Jaime García y García

Presidente do tribunal

97-9449