Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.917

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/059 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado Real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza número 96/059, convocada por resolución con data do 22 de novembro de 1996 (BOE do 20 de decembro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 14 de novembro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: expresión gráfica arquitectónica.

Praza nº: 96/059

Comisión titular:

Presidente: Sánchez Gallego, Juan Antonio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: García Lisón, Miguel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vocais: Montes Serrano, Carlos Fco., catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Uría Iglesias, Leopoldo, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Sierra Delgado, José Ramón, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Comisión suplente:

Presidente: Verdaguer Urroz, Jaime, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: García Codoñer, Ángela, catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Vocais: Roqueta Matías, Santiago, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Ortega Vidal, Javier, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Villanueva Bartrina, Luis, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

9527