Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.916

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1997, do tribunal V-1B, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 11 (limpadora e outras) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 26 de novembro de 1997 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 11 (limpadora e outras) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta

de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro de 1996), acordouse:

Primeiro.-Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á citada categoría do grupo V terá lugar o día 17 de decembro de 1997 no edificio Coliseum, Avda. Alfonso Molina s/n (ó lado de Continente), da Coruña.

O chamamento único para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 10 horas.

Segundo.-Os aspirantes deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1997.

Javier Bouzada Romero

Presidente do tribunal

97-9830