Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.910

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Publicado o Decreto 347/1997, do 9 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, procede fixa-la das distintas consellerías, estructurándoas nas secretarías xerais, direccións xerais ou órganos de igual categoría que sexan necesarios para o cumprimento das funcións que a nova estructura comporta e adscribíndolle-los organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.

Polo tanto, en virtude do disposto no artigo 4.15º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de decembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A) A Consellería da Presidencia e Administración Pública estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral da Función Pública.

3. Inspección Xeral de Servicios.

4. Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

5. Dirección Xeral de Relacións Institucionais.

B) Queda adscrito a esta consellería o seguinte organismo autónomo: Escola Galega de Administración Pública.

Artigo 2º

A) A Consellería de Economía e Facenda estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral e do Patrimonio.

2. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

3. Dirección Xeral de Tributos.

4. Dirección Xeral de Presupostos.

5. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

6. Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

B) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

2. O ente público Instituto Galego de Promoción Económica.

Artigo 3º

A) A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Urbanismo.

3. Dirección Xeral de Obras Públicas.

4. Dirección Xeral de Transportes.

B) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. O ente público Portos de Galicia.

3. O organismo autónomo Augas de Galicia.

Artigo 4º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Persoal.

3. Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

4. Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

5. Dirección Xeral de Universidades.

6. Dirección Xeral de Política Lingüística.

Artigo 5º

A) A Consellería de Industria e Comercio estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Industria.

3. Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

4. Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

B) Queda adscrito a esta consellería o seguinte organismo autónomo: Instituto Galego de Consumo.

Artigo 6º

A) A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

3. Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

4. Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

B) Queda adscrito a esta consellería o seguinte organismo autónomo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Artigo 7º

A) A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Promoción Cultural.

3. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

4. Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

5. Dirección Xeral de Turismo.

B) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Artigo 8º

A) A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Saúde Pública.

3. Dirección Xeral de Servicios Sociais.

B) O Servicio Galego de Saúde (Sergas), organismo autónomo de carácter administrativo, estará adscrito organicamente á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e contará cos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. División de Asistencia Sanitaria.

3. División de Recursos Económicos.

4. División de Recursos Humanos.

5. División de Farmacia e Productos Sanitarios.

Artigo 9º

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Direción Xeral de Recursos Mariños.

3. Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

4. Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Artigo 10º

A) A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

3. Dirección Xeral de Relacións Laborais.

4. Dirección Xeral de Interior.

5. Dirección Xeral de Protección Civil.

B) Queda adscrito a esta consellería o seguinte organismo autónomo: Academia Galega de Seguridade.

Artigo 11º

A) A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Familia.

3. Dirección Xeral de Formación e Colocación.

4. Dirección Xeral de Fomento do Emprego.

5. Dirección Xeral de Xuventude.

B) Queda adscrito a esta consellería o seguinte organismo autónomo: Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Artigo 12º

A Consellería de Medio Ambiente estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

3. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

4. Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental.

Disposicións adicionais

Primeira.-As secretarías xerais previstas no presente decreto asumen as funcións e competencias atribuídas ás secretarías xerais técnicas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro.

Segunda.-En tódalas consellerías existirá unha delegación provincial na que se integrarán os órganos e servicios existentes en cada provincia. Na Consellería de Economía e Facenda e na de Pesca, Marisqueo e Acuicultura as delegacións serán territoriais.

Disposicións transitorias

Primeira.-Mediante ordes dos conselleiros respectivos determinarase a adscrición dos órganos dependentes das direccións xerais suprimidas como consecuencia da estructura orgánica que se fixa nos artigos precedentes, ós centros directivos correspondentes en tanto non se regule por decreto a nova estructura orgánica no nivel de dirección xeral.

Segunda.-Os órganos dependentes das direccións xerais que non fosen obxecto de supresión manterán a súa estructura e funcións ata que se proceda ó desenvolvemento da estructura contida no presente decreto.

Terceira.-Os créditos incluídos no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma para 1997 manterán ata o 31 de decembro a súa actual codificación orzamentaria e, se é o caso, no orzamento prorrogado para 1998 identificaranse os créditos segundo a nova estructura.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó disposto no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Economía e Facenda para que dicte as disposicións necesarias para a xestión dos créditos afectados pola nova estructura administrativa, sen que en ningún caso poida orixinarse incremento de gasto.

Segunda.-A Consellería de Economía e Facenda realizará as modificacións orzamentarias necesarias para darlle cumprimento ó disposto no presente decreto.

Terceira.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9970