Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.910

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

En virtude do disposto no artigo 4 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, e tendo en conta os criterios de economía e eficacia que deben inspira-la actuación e organización administrativa e as áreas de competencias que, pola súa importancia e natureza, convén que queden adscritas á Presidencia da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de decembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería da Presidencia e Administración Pública os seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral da Presidencia.

2. Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

3. Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas.

4. Secretaría Xeral para o Deporte.

5. Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

6. Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal.

7. Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

8. Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó disposto no presente decreto.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9957