Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación persoal.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 0201021083 da

Caixa Pontevedra, O.P. de Vigo, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa firme. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na calle Gagos de Mendoza, 2-2º, Pontevedra.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que se presente, a resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

ANEXO

Nº de expediente: 500/97.

Denunciado: Manuel Gil González.

Enderezo: Pizarro, 89.

Establecemento: Beverly Gil.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 20.000 ptas.

Nº de expediente: 501/97.

Denunciado: Manuel Gil González.

Enderezo: Pizarro, 89.

Establecemento: Beverly Gil.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 20.000 ptas.

Nº de expediente: 586/97.

Denunciado: Eduardo da Silva Barbosa.

Enderezo: r/ García Caamaño. Galerías Gallego.

Establecemento: O Cantiño.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 40.000 ptas.

Nº de expediente: 694/97.

Denunciado: José Ángel Pérez González.

Enderezo: r/ Doctor Carracido, 105.

Establecemento: Sueños.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 40.000 ptas.

Nº de expediente: 736/97.

Denunciado: José Ramón Maceira Sánchez.

Enderezo: r/ Romil, 19.

Establecemento: Enigma (Bar Romil).

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 20.000 ptas.

Nº de expediente: 737/97.

Denunciado: José Ramón Maceira Sánchez.

Enderezo: r/ Romil, 19.

Establecemento: Enigma (Bar Romil).

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 70.000 ptas.

9250