Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

CÉDULA do 12 de novembro de 1997 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento de reintegro de axudas por incumprimento a María Luisa Fernández Rajoy (expediente AB-07/97).

Conforme o disposto no artigo 59-4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle por medio desta publicación a María Luisa Fernández Rajoy, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalado no anexo, a proposta de resolución do procedemento de reintegro de axudas que se instrúe por incumprimento dos requisitos esixidos para a súa concesión, de acordo co Real decreto 2225/1993, do 17 de decembro, polo que se aproba o regulamento do procedemento para a concesión de subvencións públicas, xa que, intentada a notificación por correo certificado con xustificación de recepción esta non puido practicarse por atoparse ausente.

A interesada disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula, para formula-las alegacións e presenta-la documentación que considere conveniente ó seu dereito, ante a Subdirección Xeral de Modernización de Explotacións do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1997.

José Luis Díez Díez

Subdirector xeral de Modernización de explotacións

ANEXO:

Expediente: AB-07/97.

Axuda: indemnización por abandono voluntario e definitivo da producción de leite.

Resolución de concesión: 22-11-1994.

Perceptora: María Luisa Fernández Rajoy.

DNI: 34.946.064.

Último enderezo coñecido: Gracia-Magdalena. Forcarei -Pontevedra.

Feitos: acollerse ó abandono voluntario e definitivo da producción de leite con data 01/09/94 e efectuar entregas de leite na campaña 1995/96 de acordo coa información facilitada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e pola propia interesada.

Preceptos aplicables: artigo 15 da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 17-8-1994 e artigo 78.5º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Proposta da cantidade que se reintegrará: 386.004 ptas.

9167