Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito de escritura pública de modificación de estatutos sociais da entidade Unión de Cooperativas Agrarias de Ferrol.

En cumprimento do disposto no artigo 161 da Lei 3/1987, do 2 de abril, xeral de cooperativas e para os efectos previstos nesta, faise público que no Rexistro de Cooperativas dependente desta dirección xeral foi depositada a escritura pública de modificación de estatutos sociais da entidade Unión de Cooperativas Agrarias de Ferrol, resultando inscrita no libro de inscrición de asociación cooperativas.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1997.

P.S. (Orde 12-9-1997, DOG nº 191)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9231