Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Gallega de Centros Privados de Formación Ocupacional (Acefo).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 10 de novembro de 1997 certificación expedida pola secretaria da devandita asociación, Marina Balsa Rubiños, avalada co visto e prace da súa presidenta, Teresa Carballo Barro, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na asemblea xeral, celebrada o 30 de maio de 1997, e que se concreta no cambio do domicilio social da asociación, que pasa a ser: rúa Mar Cantábrico nº 26-baixo, Lugo.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1997.

P.S. (Orde 12-9-1997, DOG nº 191, do 3 de outubro)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9233