Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de novembro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Mafra número 1, a favor de Valentín Sobradelo Rodríguez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro de 1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Mafra nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 220.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data de finalización da última prórroga: 15-4-2004.

Anteriores concesionarios: Miguel Sobradelo Rey e Josefina Rodríguez Lesende.

Novo titular da concesión e batea: Valentín Sobradelo Rodríguez.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicions legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 10 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

9204