Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/279-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Tomas Alonso I.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 45 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde a L.M.T. Balaídos-Chouzo, na rúa Tomás Alonso (Bouzas), alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en Tomás Alonso I, rematando na mesma liña, concello de Vigo. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9008