Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Santiaguiño.
Situación: Mos.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 350 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 195 da liña ATI 7.26, rematando no C.T. que se proxecta en Santiaguiño, concello de Mos. C.T. de 250 kVA, relación de transformacion 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 20 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9007