Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Lufiña.
Situación: Vilaboa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 670 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Río Maior, rematando no C.T. que se proxecta en Lufiña, concello de Vilaboa. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo-subterránea, de 20 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo RV, e 550 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 20 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9011